domingo, 21 de febreiro de 2021

21 de febreiro

Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro.
~ ~ ~ ~ ~
O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 21 de febreiro de 1914
Efemérides:
1643: Morre en Sigrás a heroína María Pita.
1677: Morre Baruch de Spinoza, filósofo holandés.
1848: Primeira publicación do Manifesto Comunista de Karl Marx e Friedrich Engels.
1900: Morre Alfredo Brañas, político e economista galego. 
1934: Morre Augusto César Sandino, revolucionario nicaragüense.
1964: Morre Luis Martín-Santos, escritor español.
1965: Malcolm X, líder do nacionalismo negro estadounidense é asasinado en  New York.
1981: Lanzamento do observatorio espacial Hinotori.
2006: Lanzamento do observatorio espacial Akari.
2007: Morre Idoia Rodríguez Buján, militar galega, primeira muller das forzas armadas españolas falecida en misións internacionais.
~ ~ ~ ~ ~
Máis custa manter o equilibrio da liberdade que soportar o peso da tiranía. 
Bolívar
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario