sábado, 20 de febreiro de 2021

20 de febreiro

Xaneiro alleiro e febreiro cabriteiro.
~ ~ ~ ~ ~
Nacións Unidas decidiu en 2007 que cada 20 de febreiro celebrásese o Día Mundial da Xustiza Social para promover a igualdade entre as persoas, evitando calquera tipo de discriminación por razóns relacionadas coa idade, o xénero, a raza, a etnia, a cultura, a relixión ou a existencia dalgún tipo de discapacidade. Preténdese ademais concienciar á comunidade internacional para lograr a erradicación da pobreza sobre a base do emprego.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1909: Filippo Tommaso Marinetti publica no xornal Le Figaro de París o Manifesto futurista (movemento de vangarda artística xurdido en Italia en 1909).
1837: Tropas de Sarria vencen en batalla á partida do carlista Manuel Pérez, que resulta morto.
Noticia do 20 de febreiro de 1914
1879: Nace Pedro Muñoz Seca, escritor e dramaturgo español.
1898: Nace Enzo Ferrari, construtor de automóbiles italiano, fundador da Ferrari.
1957: Morre Manuel Abelenda, pintor galego.
1967: Nace Kurt Cobain, rockeiro (Nirvana).
1994: Morre Burt Lancaster, actor norteamericano.
 ~ ~ ~ ~ ~
Na miña opinión, se vostede quere gozar o Arco da Vella, terá que soportar a choiva. 
Dolly Parton 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario