venres, 19 de febreiro de 2021

19 de febreiro

Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1120: Bula do papa Calixto II que recoñece á Igrexa Compostelana o título de Metropolitana da Antiga Lusitania.
1473: Nace Nicolás Copérnico, astrónomo polaco.
1493: A armada portuguesa intenta apresar nas illas Azores a Cristovo Colón na súa viaxe de regreso, para evitar que divulgue a outra ruta cara ás Indias que cre descubrir.
1937: Morre Horacio Quiroga, contista, dramaturgo e poeta uruguaio-arxentino.
1941: Na provincia de Pontevedra, un furacán abate uns 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.
1978: O Pazo de Meirás, residencia de verán da familia do ditador Francisco Franco, é destruído por un incendio.
1986: Morre André Leroi-Gourhan, prehistoriador francés.
1992: Morre Eduardo Barreiros, empresario galego.
~ ~ ~ ~ ~
Coñécese moito mellor o fondo do val cando se está no cume das montañas. 
Noticia do 19 de febreiro de 1914
Napoleón 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario