xoves, 18 de febreiro de 2021

18 de febreiro

Se non chove en febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1162: Morre en Coimbra San Teotonio, natural de Tui de onde era bispo.
1546: Morre Martiño Lutero, teólogo alemán.
1564: Morre Michelangelo, pintor, escultor e arquitecto italiano.
1930: Plutón foi descuberto por Clyde Tombaugh dende o observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona, Estados Unidos.
1954: Nace John Travolta, actor estadounidense.
1967: Nace Roberto Baggio, futbolista italiano. Morre Robert Oppenheimer, físico estadounidense. 
~ ~ ~ ~ ~
Se estás a cazar coellos onde hai tigres, mantén os ollos ben abertos por se aparece o tigre; pero cando esteas a cazar tigres non te distraias pensando en coellos.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 18 de febreiro de 1914

Ningún comentario:

Publicar un comentario