sábado, 17 de febreiro de 2024

17 de febreiro

Se en febreiro trona, mal ano para o gando e bo para o sementado.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
478 a.C.: Herodoto menciona unha eclipse anular do sol, cando Xerxes I partía para a súa expedición contra Grecia.
1122: Tareixa de León, raíña de Portugal, concede o bispo de Ourense e ós seus sucesores a xurisdición sobre a cidade.
1600: Giordano Bruno, filósofo e atrónomo é queimado vivo pola inquisición.
1659: O galego Rodrigo de Pimentel recobra Salvaterra do Miño, na Provincia de Tui, en poder dos portugueses durante 17 anos.
1673: Morre Molière, dramaturgo e actor de teatro francés.
1836: Nace Gustavo Adolfo Bécquer, escritor español.
1839: Crean en Madrid a primeira Caixa de Aforros por iniciativa de Joaquin Vizcaino, marqués de Pontejos, home nado na Coruña.
1867: O primeiro navío cruza o Canal de Suez entre o Mediterráneo e o Mar Vermello.
1915: Morre Francisco Giner de los Ríos, filósofo e pedagogo español.
1934: Morre Siegbert Tarrasch, xogador de xadrez alemán.
1936: Nace Xosé Luís Franco Grande, escritor e avogado galego. 
1963: Nace Michael Jordan, baloncestista estadounidense.
1968: Abre en Springfield, Massachusetts, o James Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. Autorízase o ensino da lingua éuscara nas escolas públicas de Donostia.
1975: Publícase High Voltage, o primeiro elepé do grupo de hard rock AC/DC.
Opinión do 17 de febreiro de 1914
1998: Mariano Barbacid regresa a España, logo de 24 anos, para dirixir o novo Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
2000: Windows 2000 sae ó mercado.
2008: Unilateralmente Kosovo declárase independente de Serbia.
~ ~ ~ ~ ~
Son gran crente na sorte, e descubrín que mentres máis duro traballo, máis sorte teño. 
Stephen Leacock 
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario: