domingo, 28 de febreiro de 2021

28 de febreiro

Dixo no monte unha vella: Vaite, febreiriño corto, cos teus dias vinteoito,  que, se tiveses máis catro, non quedaría can, nin gato. Febreiro contestou moito: Os teus becerriños oito deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial das Enfermidades Raras
Día de Andalucía.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
364: Valentiniano I é nomeado emperador romano.
380: O emperador Teodosio I, O Grande ordena que o imperio adopte a relixión cristiá.
1510: Morre Juan de la Cosa, navegante e cartógrafo español.
1784: Xoán Wesley funda a Igrexa Metodista.
1809: Batalla entre pontevedreses e franceses co resultado da victoria dos segundos.
1839: En España autorízanse as asociacións obreiras de axuda mutua e beneficencia.
1849: Comeza o primeiro servizo regular coa chegada do buque "California" desde o porto de Nova York até a Baía de San Francisco, despois dunha viaxe de 4 meses e 21 días.
1876: O aspirante Carlos, centro do movemento carlista, foxe a Francia.
1881: Chega a Ourense a primeira locomotora.
1913: Decreto polo que se crea en España o Servicio Aerostático Militar, dividido en dúas ramas: Aerostación e Aviación.
Publicado o 28 de febreiro de 1914
1918: Crise no Goberno español. O Rei encarga a formación dun novo Goberno a Manuel García Prieto.
1921: Nace Antonio Ferrandis, actor español.
1939: Dimite Manuel Azaña como presidente da República española.
1940: Estados Unidos: Primeira restransmisión dun partido de baloncesto da universidade de Fordham contra Pittsburgh.
1941: Morre Alfonso XIII, rei de España.
1962: Morre Julio Camba, escritor e xornalista galego.
1966: Nace Paulo Futre, futbolista portugués.
1981: Morre Álvaro Cunqueiro, escritor e xornalista.
1983: Lánzase ao mercado o compact disc.
1986: O primeiro ministro sueco Olof Palme é asasinado.
1997: O foguete europeo Ariane pon en órbita o satélite INTELSAT-801.
2002: Desaparecen definitivamente as moedas nacionais de doce países da UE e o euro convértese na única divisa de curso legal.
2014: Coa publicación do artigo do 28 de febreiro queda rematada a primeira fase do proxecto efemérides da Asociación Palaestra, no ano do seu XXV aniversario.
2017: Palaestra organiza o Torneo de xadrez de Entroido no Sporting Club Casino.
~ ~ ~ ~ ~
Para millóns e millóns de seres humanos o verdadeiro inferno é a terra. 
A. Shopenhauer 
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 27 de febreiro de 2021

27 de febreiro

A castaña e o besugo, en febreiro están en zugo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
274: Nace Constantino I, O Grande, emperador romano que fundou Constantinopla.
1531: En Alemaña, varios príncipes e varias cidades protestantes forman a Liga Esmalkalda, dirixida contra Carlos V.
1566: Créase o Tercio Gallego de Flandes.
1594: Coroación en Chartes do rei de Francia Henrique IV, primeiro monarca Borbón.
1766: Nace Thomas Robert Malthus, filósofo e economista.
1767: Expulsión dos xesuítas de España pola pragmática sanción de Carlos III.
1782: Durante o sitio posto a Xibraltar, unha granada alcanza o escritor Xosé Cadalso e cáusalle a morte.
1801: España decláralle a Portugal a guerra das laranxas.
1812: Manuel Belgrano, patriota arxentino toma como símbolo da loita pola independencia o celeste e o branco, que farán máis tarde a bandeira da Arxentina.
1843: Ocupación por unha expedición española, da illa de Fernando Poo, hoxe Bioko, no Golfo de Guinea.
1863: Nace Joaquín Sorolla, pintor español.
1900: Nace o Partido Laborista británico na Conferencia dos Sindicatos Socialistas, celebrada en Londres.
1902: Nace John Steinbeck, escrito e novelista Premio Nobel de Literatura en 1962.
1905: Máximo Gorki é liberado baixo fianza e exiliado en Riga.
1916: Inauguración da praza de touros de Barcelona, chamada "la Monumental", con capacidade para 23.000 espectadores.
Anuncio do 27 de febreiro de 1914
1917: Estala a revolución de febreiro na Rusia.
1918: Creación do Exército Vermello soviético, por Lev Trotski.
1920: Estréase a película expresionista O gabinete do Doutor Caligari.
1933: Incendio e destrución do parlamento alemán (Reichstag).
1936: Morre Ivan Pavlov, médico e fisiólogo.
1937: Guerra Civil española: O Goberno de Francisco Franco restablece a "Marcha de Granaderos" como himno nacional.
1939: Francia e o Reino Unido recoñecen o goberno do xeneral Franco.
1945: O xeneral MacArthur encarga o Governo de Filipinas ao presidente Sergio Osmeña.
1981: Manifestacions multitudinarias en todas as capitais españolas no apoio do sistema democrático e de rechazo do intento de golpe de Estado de catro días antes.
1995: Luis Roldán é conducido en avión dende Bangkok, Thailandia a Madrid polo grupo policial especial encargado da súa busca, tras 305 días de fuga por varios continentes.
2003: Morre Manuel Ferrol, fotógrafo coruñés, autor da afamada fotografía sobre a emigración galega na que un home e o seu fillo choran en 1957.
~ ~ ~ ~ ~
Non hai riqueza máis valiosa para unha nación que o talento en flor da súa mocidade. 
James Mischner 
~ ~ ~ ~ ~

venres, 26 de febreiro de 2021

26 de febreiro

A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1525: Morre Cuauhtémoc, emperador azteca.
1802: Nace Victor Hugo, escritor francés.
1815: Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba e reorganiza o seu exército; iniciase o chamado "Período dos Cen Días", ata a súa derrota definitiva en Waterloo.
1829: Nace Levi Strauss, inventor dos pantalóns vaqueiros.
1844: A República Dominicana libérase do dominio de Haití, tras 22 anos.
1846: Nace William Frederick Cody (Buffalo Bill).
Noticia do 26 de febreiro de 1914
1848: Proclamación da Segunda república francesa. Aparición do «Manifesto comunista» de Karl Marx.
1869: Abolida a escravitude nas colonias portuguesas.
1870: Inauguración do primeiro metro pneumático en New York.
1880: Apróbase o emprazamento da ponte sobre o Miño para a comunicación con Valença.
1885: Finaliza a Conferencia de Berlín na que as potencias occidentais reparten África.
1904: O Congreso español aproba o proxecto de lei sobre servizo militar obrigatorio.
1932: Entrada en vigor da lei do divorcio en España.
1935: O físico Robert Watson-Watt fai a primeira demostración pública do radar.
1936: O chanceler Hitler inaugura a fábrica de Volkswagen, dedicada a producir coches de consumo popular.
1948: Constitúese en España o Consello do Reino, establecido pola lei de Sucesión á Xefatura do Estado.
1952: O primeiro ministro Winston Churchill anuncia a obtención da primeira bomba atómica do Reino Unido.
1954: Nace Michael Bolton, cantante.
1961 O príncipe herdeiro Muley Hassan é nomeado rei de Marrocos ao finar o seu pai, Mohamed V, toma o nome de Hassan II.
1976: España abandona a súa sorte o Sáhara.
1981: Leopoldo Calvo Sotelo toma posesión coma presidente do Goberno español. O seu mandato durou vinte meses.
1982: Morre Paco Martínez Soria, actor cómico español. 
1991: Forzas estadounidenses e kuwaitís entran en Kuwait City, abandonada polas invasoras tropas iraquíes.
1993: Primeiro atentado contra o World Trade Center de Nova York, con cinco vítimas mortais.
2001: Destrución dos budas xigantes de Bamiyan en Afganistán.
~ ~ ~ ~ ~
Sabido é que, en todas as culturas, os soños atribúense tradicionalmente aos mozos e os recordos aos anciáns. 
S. Schereiner 
~ ~ ~ ~ ~

xoves, 25 de febreiro de 2021

25 de febreiro

Auga de febreiro, enche o graneiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1554: En Chile, o líder mapuche Lautaro ataca a cidade de Concepción.
1778: Nace José de San Martín, líder da independencia de Argentina, Chile e Perú.
1841: Nace Pierre-Auguste Renoir, pintor francés.
1861: Nace en Pontevedra Carlos Sobrino, pianista de sona mundial.
1873: Nace Enrico Caruso, tenor italiano.
1902: Morre na Coruña o músico Joaquin Lago, autor do himno de Artesanos. O seu irmán José chegou a ser director do Gran teatro da Ópera de San Petersburgo.
1917: Nace Anthony Burgess, novelista británico.
1943: Nace George Harrisson, guitarrista dos Beatles.
1950: Nace Xosé Cuíña Crespo, político galego.
1983: Morre Tennessee Williams, dramaturgo estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Un detalle, unha anécdota insignificante, ás veces píntannos mellor o carácter e as tendencias dos grandes homes, que as súas proezas e as súas batallas. 
Plutarco 
~ ~ ~ ~ ~
Comentario do entroido. 25-II-1914

mércores, 24 de febreiro de 2021

24 de febreiro

Porco do febreiro vai co seu pai ó fumeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Día de Rosalía
~ ~ ~ ~ ~
San Modesto.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1500: Nace Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico.
1525: O militar galego Alonso Pita da Veiga fai prisioneiro en Pavía ao rei Francisco I de Francia.
1530: Carlos V declara nobles, exentos de mácula e autorizados a levar escudo de armas aos irmáns López de Guadalupe, naturais de Castro Caldelas, xudeus conversos e médicos das cortes dos chamados Reis Católicos, de Carlos V e do papa Adriano.
1824: Baixo o Emperador Dom Pedro I o Brasil tórnase unha monarquía.
1837: Nace Rosalía de Castro, escritora galega.
1918: A Estonia decláralle a independencia a Rusia.
1955: Nacen Alain Prost, piloto francés de Fórmula 1 e Steve Jobs creador xunto a Steve Wozniak de Apple.
1969: Nace Fernando Tejero, actor español.
1985: Primeira emisión da Radio Galega.
1989: Os promotores das Asociacións Hercle e Palaestra promoven nesta data a fundación da Federación Galega de Béisbol.
Noticia do 24 de febreiro de 1914
1996: Nace o xornal electrónico galego Vieiros.
~ ~ ~ ~ ~
Unha das principais enfermidades do home é a súa inquieta curiosidade por coñecer o que non pode chegar a saber. 
Pascal 
~ ~ ~ ~ ~

martes, 23 de febreiro de 2021

23 de febreiro

Cando chove por febreiro, todo o ano é temporeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1397: Escribe o seu testamento en Pontedeume Fernán Pérez de Andrade "O Bó".
1455: Johannes Gutenberg imprime a primeira Biblia nunha imprenta.
1685: Nace Georg Friedrich Händel, compositor musical inglés de orixe alemá.
1822: Vicente Benavides, líder da guerrilla realista, é executado na cidade de Santiago de Chile.
Noticia do 23 de febreiro de 1914
1908: Nace Xosé Otero Abeledo Laxeiro, pintor lalinense.
1965: Morre Stan Laurel, actor cómico británico.
1981: Intento fallido de golpe de estado do tenente coronel Tejero en España. Coñecido como 23-F
1983: O ministro Boyer expropia Rumasa a José María Ruiz-Mateos.
1987: Morre José Afonso, cantante e compositor portugués.
1997: Uns científicos escoceses anuncian que lograron desenvolver a ovella clónica Dolly.
2012: Morre Leopoldo Nóvoa, pintor galego.
~ ~ ~ ~ ~
Á miña idade non se lle teme a ninguén, cando non se lle teme á morte. 
Alberto Lleras 
~ ~ ~ ~ ~


luns, 22 de febreiro de 2021

22 de febreiro

Por San Pedro da Cuadrela, sal a cobra da súa pedra.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Santa Xoana María e San Pedro de Antioquía.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1732: Nace George Washington, primeiro presidente de Estados Unidos
1788: Nace Arthur Schopenhauer, filósofo polaco-alemán.
1803: Morre José Cornide Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista galego.
1870: Nace Alejandro Pérez Lugín, autor de La casa de la Troya.
1900: Nace Luis Buñuel, director de cine nado en España nacionalizado mexicano.
1950: Nace Julius Erving (Dr. J), xogador de baloncesto norteamericano.
1987: Morre Andy Warhol, artista norteamericano.
~ ~ ~ ~ ~
Non me preocupa o non ser coñecido. Do que trato é de facerme digno de ser coñecido. 
Confucio 
Anuncio do 22 de febreiro de 1914
~ ~ ~ ~ ~