domingo, 22 de outubro de 2023

22 de outubro

O que deixa a Coaresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
2136 aC: Prodúcese na China a primeira eclipse solar que foi rexistrada.
794: O emperador xaponés Kanmu traslada a capital para Heiankyo (hoxe Kyoto).
1563: Filipe II ordea a Real Audiencia de Galicia pase a ter sé na Coruña.
1816: Nace Miguel Colmeiro Penido, botánico galego.
1908: Nace Benigno Andrade García, guerrilleiro galego.
Novas do 22 de outubro de 1914
1913: Nace Ernö o Ernest Andrei Friedman, fotógrafo húngaro (Robert Capa).
1962: Kennedy ordena á marina de guerra o bloqueo de Cuba ata que a URSS retire os mísiles.
1964: Nace Dražen Petrović, xogador de baloncesto croata.
~ ~ ~ ~ ~
Somos o infinitamente pequeno e o infinitamente grande, e somos tamén a senda entre ambos. 
Khalil Gibran. 
~ ~ ~ ~ ~

Este día 22 de outubro, Braga especialmente rememora a San Martinho de Dume ou Dumio, un dos homes máis ilustres que pasou polo sólio arquiepiscopal. Martinho era natural da Panónia, provincia romana situada no territorio da actual Hungría, nacendo presuntamente en 520. Ao que se supón, Martinho fundou tamén o máis antigo mosteiro (cenóbio) existente en territorio portugués, situado en Dume, nas aforas de Braga. Foi, por iso mesmo, ordenado Bispo de Dume en 556, sendo máis tarde (569) elevado a bispo metropolitá de Braga, dotado de influencia sobre todas as dioceses da provincia da Galécia. Morreu no 579, escasos anos antes da rendición suévica perante o dominio visigótico.  Martinho Dumiense, tamén coñecido como Martinho de Braga, aparece no seo dun pobo en proceso de conversão ao cristianismo e exerce sobre el unha acción civilizadora sen precedentes. En tempos de heresias, conseguiu converter o rei suevo Carriarico ao cristianismo e, desta forma, converter todo o Reino. Morreu a 20 de marzo de 579, sendo considerado o Apóstolo dos Suevos.  A súa festa foi fixada a 22 de outubro, data que sinala a trasladação dos seus restos mortais para a Sé Primaz, ocorrida este día o ano de 1606, por iniciativa do Arcebispo D. Frei Agostinho de Jesus.





Ningún comentario: