domingo, 10 de setembro de 2023

10 de setembro

En setembre non hai vella que non temble.
~ ~ ~ ~ ~
É o día de San Pedro de Mezonzo, nado en Curtis contra o ano 930 e que foi líder espiritual do país en momentos de gran tribulación. En 965 é elixido abade en Sobrado dos Monxes. As terras de Sobrado sufriron o Horrorum normandorum, incursións dos viquingos.
Rosendo de Celanova e o conde Gonzalo puxeron en fuga a invasión, nun momento en que a monarquía non era quen de defender o país galego, abandonado á súa sorte fronte á ameaza normanda. E había mais frontes abertos, xa que no 997 Almanzor realizou unha campaña sobre os territorios cristianos (Galicia os chamaban eles), cruzou o Miño e arrasou as terras de Salvaterra, destruíu a cidade de Tui e así seguiu cara Santiago. Pedro encargou a evacuación da cidade e para salvar as reliquias do Apóstolo levounas consigo. A cidade quedou abandonada ao caudillo islámico, que atopou axeonllado no sartego de Santiago un monxe ancián que lle inspirou tal respecto que mandou que ninguén o incomodase, mentres  destruían o demais. Durante oito días todo foi saqueado, para deixar reducida a cinsas a capital espiritual do occidente. Levouse miles de presos e fixo cargar nos ombreiros dalgúns deles as campás e as portas do santuario apostólico que se colocaron na mesquita de Córdoba.
O papa Bieito XIV recolle a tradición que lle atribúe o celebre rezo do pobo cristián en momentos de tribulación e anguria, a Salve Regina, onde se implora á nai de Xesús.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Prevención do Suicidio
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1586: No Vaticano colócase no centro da praza de San Pedro un obelisco orixinario de Exipto.
1823: Simón Bolívar escollido presidente de Perú.
1845: Sae o primeiro periódico editado no Ferrol, chamado El Aguila.
1878: O Goberno dos Estados Unidos rexistra unha patente dunha calculadora a favor de Ramón Verea Garcia, un inventor galego nado na Estrada en 1833.
1898: Falece Sissi emperatriz austrohúngara, asasinada.
Ilustración do 10 de setembro de 1914
1910: En Cádiz fúndase o Cádiz FC.
1939: Na costa de Noruega na Segunda Guerra Mundial o submarino HMS Tritón afunde por erro ao seu compañeiro, o submarino HMAS Oxley, que se converte na primeira perda da Royal Navy.
1945: Nace José Feliciano, cantante portorriqueño.
1961: Nace Alberto Núñez Feijoo, político galego.
1963: Nace Randy Johnson, beisbolista estadounidense.
1966: Nace Jordi Tarrés, piloto de trial español.
1977: En Francia é guillotinado Hamida Djandoubi, a última persoa en ser executada neste país.
1986: Falece Dores Yoyes González Katarain, militante de ETA asasinada por estes mesmos.
1996: Desplome do vertedoiro de Bens, no monte Montalvo,  na Coruña.
1999: Falece Alfredo Kraus, tenor español.
2002: Suíza ingresa nas Nacións Unidas.
2003: Nuns grandes almacéns de Estocolmo é acoitelada a ministra sueca Anna Lindh, que morrerá a consecuencia das feridas.
~ ~ ~ ~ ~
Ninguén traballa tan duro polo seu diñeiro como quen casa con el. 
Fran McKinney.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: