sábado, 1 de agosto de 2020

1 de agosto

Vale máis nubrado en agosto que sol de setembro.
~ ~ ~ ~ ~
Lugnasad ou Lughnasadh (mitoloxía celta e Wicca)
Lug, o gran deus celta, foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto. O nome significa xogos ou asemblea de Lug. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos. Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez. Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.
~ ~ ~ ~ ~
Día da Pacha Mama (mitoloxía inca)
San Fins do Castro, romería en Cabana de Bergantiños
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
30 a. C.: César Augusto entra a Alexandría e toma o seu control.
10 a. C.: Nace Claudio, emperador de Roma (41–54).
527: Morre Xustino I, emperador bizantino.
939: Ramiro II vence a Abd al-Rahman III na batalla de Simancas.
1464: Morre Cosme de Médicis, político y banquero italiano.
1610: Rodrigo de Viveiro chega a terras mexicanas procedente do Xapón.
1704: A escuadra anglo-holandesa do almirante Rooke, asedia Gibraltar, durante a guerra de Sucesión española.
1819: Nace Herman Melville, escritor estadounidense.
1867: Rusia vende Alaska aos Estados Unidos por 7,2 millóns de dólares.
Nova do 1 de agosto de 1914
1878: Sae ao público, en Ferrol, o xornal "El Correo Gallego", impulsado por Francisco Barcón de Quevedo.
1907: Robert Baden-Powell realiza o primeiro campamento scout da Historia.
1914: Na Primeira Guerra Mundial, a Alemaña declara guerra á Rusia.
1916: Dirixibles alemáns bombardean Londres.
1920: Gandhi comeza unha campaña de desobediencia civil na India.
1973: Nacen Eduardo Noriega, actor español e Edurne Pasaban, montañeira española.
1981: Inicianse as transmisións da MTV.
2001: Entra en vigor en España a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, para protexer as linguas e a riqueza cultural de Europa.
~ ~ ~ ~ ~
Un excelente xeito de defenderse dos demais é procurar non parecerse a eles.
Marco Aurelio.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario