venres, 30 de xuño de 2023

30 de xuño

San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Asi como eles son santos, traian os trebóns mansos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1520: Os aztecas gobernados por Cuitláhuac expulsan da cidade de Tenochtitlan aos conquistadores españoles, na chamada Noite Triste.
1906: Nos Estados Unidos, o presidente Theodore Roosevelt asina unha lei que autoriza ao goberno federal a inspeccionar as industrias alimentarias e obriga aos fabricantes a especificar a lista de ingredientes.
1908: Na Siberia (Rusia) rexístrase unha xigantesca explosión (Evento de Tunguska) que se cre causada por un meteorito.
1924: Nace Eduardo Haro Tecglen, xornalista español.
1934: Na Alemaña, Adolf Hitler ordena a «purga» dos principais dirixentes da Sturmabteilung, que terá lugar durante a noite deste día e a madrugada do 1 de xullo. É a Noite dos coitelos longos.
1938: Action Comics publica a primeira historieta de Superman.
1965: Nace José Mota, humorista español.
1966: Nace Mike Tyson, boxeador estadounidense.
1985: Nace Michael Phelps, nadador estadounidense.
Anuncio do 30 de xuño de 1914
1997: No Hong Kong (China) caduca o tratado de Nankín e a península deixa de pertencer ao Reino Unido.
2005: O Congreso dos Deputados de España aproba definitivamente a lei que autoriza o matrimonio civil entre persoas do mesmo sexo.
~ ~ ~ ~ ~
Algúns escoitan coas orellas, algúns co estómago, algúns co peto e algúns non escoitan nada.
Khalil Gibrán
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario: