venres, 22 de maio de 2020

22 de maio

Andar co maio ó lombo: aplícase a quen está canso ou agotado, facendo referencia aos traballos do campo que hai que facer neste mes.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe celébrase a festividade de santa Rita de Casia (patroa dos imposibles).
Día internacional da Diversidade Biolóxica.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1541: Tras rematar sen acordo a Conferencia de Ratisbona, que buscaba a reunificación da Igrexa Católica, nace o protestantismo como unha nova relixión.
1542: O rei Carlos I de España ordena que se mande remediar as crueldades que se cometen nas Indias.
1813: Nace Richard Wagner, compositor alemán.
1859: Nace Arthur Conan Doyle, médico e escritor británico, creador de Sherlock Holmes.
1895: Morre Isaac Peral científico español.
1906: Os irmáns Wright patentan o seu "artefacto voador".
1907: Nace Georges Remi, (Hergé), debuxante creador de Tintín.
1931: Proclámase a liberdade relixiosa en España.
Anuncio do 22 de maio de 1914
2004: Casan o príncipe de Asturias Filipe de Borbón e a periodista Letizia Ortiz.
~ ~ ~ ~ ~
A experiencia é unha luz que alumea queimando.
Benito Pérez Galdós
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario