domingo, 24 de marzo de 2024

24 de marzo

En marzo, abrigo e pan de millo.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Tuberculose
Día Internacional do Dereito á Verdade
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1492: O Papa Alejandro VI designa como Colexiata abacial a igrexa de Santa María na Coruña.
1603: Morre Elizabeth I, raíña de Inglaterra.
1785: Nace na Coruña Antonio Diaz, que acabaría convertido en xeneral uruguaio.
1809: Nace Mariano José de Larra, escritor e xornalista español.
1874: Nace Harry Houdini, ilusionista húngaro.
1882: Robert Koch anuncia o descubrimento da bacteria que causa a tuberculose.
1897: Nace Wilhelm Reich, médico e psicanalista austríaco-estadounidense.
1905: Morre Jules Verne, escritor francés.
1916: Morre Enrique Granados, compositor e pianista catalán.
1917: Morre Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego.
1921: Morre Vassily Smyslov, xogador de xadrez ruso.
1922: Orde pola que se funda o Museo de Belas Artes da Coruña.
1946: Morre Alexander Alekhine, campión de xadrez ruso, pero nacionalizado francés.
Anuncio do 24 de marzo de 1914
1970: Nace Ernesto Pérez, fundador e presidente da Asociación Palaestra.
1989: O petroleiro Exxon Valdez comeza a verter 260.000 barrís de cru no estreito do Principe Guillerme, que contaminará 1000 km. de costa e 2000 km2. de mar.
2021: Xuntanza fundacional da Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA) que nace cos mesmos obxectivos que a entidade de igoal nome creada en Buenos Aires en 1956, promovida por Luis Seoane.
~ ~ ~ ~ ~
A falsedade está tan preto da verdade que o home prudente non debe situarse nun terreo esbaradizo.
Cicerón
~ ~ ~ ~ ~











Ningún comentario: