martes, 3 de decembro de 2019

3 de decembro

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
183 a. C.: Morre Publio Cornelio Escipión o Africano, político romano.
311: Morre Diocleciano, emperador romano.
1552: Morre San Francisco Javier, misioneiro xesuíta español.
1592: Morre Alejandro Farnesio, duque de Parma, militar e diplomático español.
1800: Aplícase, por primeira vez en España, a vacina contra a varíola (descuberta en 1796).
1829: Morre Juan Augusto Cea Bermúdez, pintor español.
1836: En España, as Cortes acordan negociar o recoñecemento da independencia dos novos estados de América.
1842: Baldomero Espartero ordena o bombardeo de Barcelona para acabar coa sublevación contra o seu goberno.
1894: Morre Robert Louis Stevenson, novelista e ensaísta británico.
1919: Morre Pierre-Auguste Renoir, pintor francés.
1950: En Corea retíranse as forzas da ONU.
1951: Na canle de Suez (Exipto) suceden duros enfrontamentos entre soldados británicos e exipcios.
1857: Nace Joseph Conrad, novelista anglopolaco.
1965: Lanzamento da sonda lunar soviética Lúa 8, que fallou na súa misión de alunizar suavemente.
1967: en Sudáfrica, o equipo do cirurxián Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón da historia, na Universidade de Cidade do Cabo.
Noticia do 3 de nadal de 2013
1969: en Estados Unidos, a Cámara de Representantes aproba o "plan de paz" do presidente Richard Nixon para Vietnam.
1981: Nace David Villa, futbolista español.
1984: en Bhopal (India) un escape de gases tóxicos da empresa Union Carbide causa a morte de preto de 8000 persoas nunha semana.
1989: en Malta, George H. W. Bush e Mijaíl Gorbachov dan por terminada a «guerra fría».
1992: O petroleiro Mar Exeo naufraga fronte á costa da Coruña, provocando un desastre ecolóxico de gran magnitude.
1994: en Xapón, é lanzada a primeira videoconsola de Sony, a PlayStation, a cal foi a consola máis exitosa da súa xeración.
1999: Morre Scatman John, cantante estadounidense. De ahí o video e a foto. Unha homenaxe a este artista moi irónico que afirmaba que fixera do seu problema o seu medio de vida pois, Scatman era tartamudo.
2001: Na Arxentina, o presidente Fernando de la Rúa publica o decreto 1570/2001, que conxela as contas bancarias. Este feito foi denominado comunmente corraliño.
2010: en España ten lugar unha folga sorpresa de controladores do tráfico aéreo, que paralizan todo o espazo aéreo nacional.
~ ~ ~ ~ ~
Son sempre máis sinceras as cousas que dicimos cando o ánimo está airado que cando está tranquilo. 
Cicerón.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 3 de nadal de 1914










Ningún comentario:

Publicar un comentario