sábado, 2 de decembro de 2023

2 de decembro

O dous de Nadal
con vento do alto
morréuselle a cabra
a don Jose Pardo.
~ ~ ~ ~ ~
Evidentemente a foto é un chiste malo... dous de Nadal, pero é que hai uns anos escribías no buscador nadal... e tiñas fotos para escoller.
Xa sabes o que pasa se lle das hoxe.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe celébrase o Día Internacional para a Abolición da Escravitude. Na actualidade a escravitude e a servidume seguen sendo bastante frecuentes, aínda que as súas prácticas máis extremas se presentan baixo a forma do traballo infantil e o tráfico de persoas, onde as principais vítimas son os nenos e as mulleres que serven para abastecer as redes de prostitución e o traballo no servizo doméstico.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1023: na mesquita de Córdoba é elixido como novo califa Abderramán V (o que implora o socorro de Alá).
1515: Morre Gonzalo Fernández de Córdoba, O Gran Capitán, militar español.
1547: Morre Hernán Cortés, conquistador de México.
1804: en París, o papa Pío VII asiste a coroación de Napoleón como emperador de Francia.
1805: As tropas francesas de Napoleón derrotan ás aliadas de Austria e Rusia en Austerlitz.
1814: Morre o Marqués de Sade (Donatien Alphonse François), escritor francés.
Recorte de xornal do 2 de nadal de 1913
1859: A cidade de Shamakhi antiga capital de Acerbaixán na cordilleira caucásica é borrada do mapa por un terremoto; deixa miles de mortos. A destrución da cidade provoca que o centro gobernamental sexa transferido a Bakú.
1877: Nace Joaquim Teixeira de Pascoães, pensador, poeta e ensaista portugués.
1897: España concede a autonomía a Puerto Rico (pero meses despois será invadido por Estados Unidos).
1901: King Camp Gillette patenta a primeira máquina de afeitar de follas desechables.
1906: firma da acta delimitatoria de fronteiras entre España e Portugal.
1908: Pu-Yi, neno de dous anos, ascende ao trono chinés.
1915: Albert Einstein publica a teoría xeral da relatividade.
1923: Nace Maria Callas, cantante de ópera grego-estadounidense.
1923: Morre Tomás Bretón Hernández, compositor español.
1927: na Unión Soviética, León Trotski é expulsado do Partido Comunista da URSS.
1932: Morre Amadeo Vives, compositor español de zarzuelas.
1939: en New York comeza a operar o aeroporto de La Guardia.
1946: Nace Gianni Versace, deseñador de moda italiano.
1954: o Senado dos Estados Unidos decide deter as actividades do senador republicano Joseph McCarthy (1908-1957), principal artífice da caza de bruxas.
1956: chega ás costas de Cuba o iate "Granma", con 82 revolucionarios cubanos a bordo, liderados por Fidel Castro, que emprenden a loita contra o goberno de Batista.
1968: a ONU condena a política de "apartheid" do goberno surafricano.
1968: Nace Lucy Liu, actriz estadounidense de orixe chinesa.
1971: en Marte aterra a sonda Mars 3, o primeiro vehículo humano que alcanza ese planeta.
1971: seis emiratos do Golfo Pérsico constitúen a Federación de Emiratos Árabes.
1973: Nace Monica Seles, tenista iugoslavo-estadounidense.
1973: Nace Jan Ullrich, ciclista alemán.
1977: Comeza a publicarse o semanario A Nosa Terra.
1978: Nace Nelly Furtado, cantante e compositora canadense.
1981: Nace Britney Spears, cantante, bailarina e actriz estadounidense.
Nova do 2 de nadal de 1914
1982: Primeira implantación dun corazón artificial permanente, polo doutor De Bries, en Utah (EE.UU).
2005: en Europa lánzase a consola Xbox 360.
2006: en Xapón lánzase a consola Nintendo Wii.
2009: nos Emiratos Árabes Unidos inaugúrase o rañaceos Torre Jalifa (Burj Dubái), o de maior altura xamais construído (828 m), tras seis anos de obras.
2010: a FIFA outorga a XXI edición da Copa Mundial de Fútbol a Rusia e a XXII a Catar. España e Portugal perderon. Será a primeira vez que o mundial se celebre en Europa Oriental e no Medio Oriente.
~ ~ ~ ~ ~
Todos estamos en fila diante da Parca; Felizmente, non sabemos en que lugar da fila.
Ernest Black.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: