sábado, 25 de novembro de 2023

25 de novembro

Polo san Andres agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1491: Establécese o sitio de Granada, último reduto mourisco na Península Ibérica.
1560: Morre Andrea Doria - almirante xenovés.
1562: Nace Lope de Vega, dramaturgo e poeta español.
1749: Morre Fernando de Casas Novoa, arquitecto galego.
1844: Nace Karl Benz, enxeñeiro alemán, inventor do automóbil.
1845: Nace José Maria Eça de Queirós, escritor portugués.
Anuncio do 25 de novembro de 1914
1867: Alfred Nobel inventa a dinamita.
1885: Morre o Rei Afonso XII de España.
1897: Decreto do goberno español que concede a autonomía a Cuba.
1914: Nace Joe DiMaggio, xogador de béisbol norteamericano.
1965: No Congo belga, o xeneral Joseph Mobutu destitúe ao presidente Joseph Kasavubu.
1970: No Xapón, o escritor Yukio Mishima e dous compatriotas cometen suicidio ritual após tentar un de golpe de estado.
1989: Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego, dirixido por Chano Piñeiro.
1993: Morre Anthony Burgess, novelista británico.
~ ~ ~ ~ ~
A adulación é como a sombra; non vos fai máis grande nin máis pequenos. 
Proverbio Danés.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: