mércores, 6 de febreiro de 2019

6 de febreiro

Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1651: O consello supremo da Inquisición manda arrestar a Alonso de Castro e Puga, rector da parroquia de San Bartolomeu de Pontevedra, acusado de practicar bruxería.
1741: Nace en Cabanelas (Carballiño) Fr. Veremundo Teixeiro, arcebispo de Valencia.
1819: O inglés Sir Thomas Stamford Raffles funda a cidade de Singapur.
1833: Estados Unidos: o inventor Samuel Morse presenta o telégrafo en público.
1873: Bolivia e Perú asinan un tratado secreto de alianza militar. Historiadores chilenos menciónano como unha das causas da Guerra do Pacífico.
1911: Nace Ronald Reagan, actor e presidente dos Estados Unidos.
1932: Nace Camilo Cienfuegos, revolucionario cubano.
1945: Nace Bob Marley, cantante de reggae de Xamaica.
1952: Reino Unido: Isabel II asume a coroa.
1991: Morre María Zambrano, filósofa española.
1993: Morre Audrey Hepburn, actriz belga.
1995: Morre Maruxa Mallo, pintora galega.
Noticia do 6 de febreiro de 1914
2012: Morre Antoni Tàpies, pintor catalán.
~ ~ ~ ~ ~
Unha mirada cara atrás vale máis que unha cara a adiante. 
Arquímedes 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario