sábado, 6 de outubro de 2018

6 de outubro

Polo San Francisco bota o liño mourisco, 
se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón. 
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Arquitectura
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1623: Diego de Velázquez é nomeado pintor da Cámara de Filipe IV de España.
1750: Publícase o prospecto, redactado por Diderot, que anuncia a "Enciclopedia".
1771: Pragmática de Carlos II na que prohíbe os xogos en España.
1887: Nace Charles-Edouard Jeanneret Gris “Le Corbusier”, arquitecto, urbanista, escultor e pintor francés de orixe suíza.
Anuncio do 6 de outubro de 1914
1907: Discurso de Manuel Lugrís Freire en galego, nun mitín, en Betanzos. É a primeira vez de uso político popular do idioma galego rexistrado.
1923: Falece Andrés Martínez Salazar, investigador e transcritor da Crónica Troiana.
1929: Nace Manuel María, poeta galego
1992: Checoslovaquia: Checos e Eslovacos acordan dividi-la República en dous estados independentes a partires do 1 de xaneiro de 1993.
2012: No XVIII Torneo Virxe do Rosario de Xadrez celebrado no Sporting Club Casino resulta vencedor Aleksa Strikovic nos dous torneos celebrados de 15 e 5 minutos.
2013: No XIX Torneo Virxe do Rosario de Xadrez celebrado no Sporting Club Casino resulta vencedor Ibragim Karakulov.
~ ~ ~ ~ ~
Se hai vitoria en vencer ao inimigo; haina maior cando o home se vence a se mesmo. 
San Martin. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario