mércores, 10 de outubro de 2018

10 de outubro

As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1483: Nace Martín Lutero, teólogo e reformador alemán.
1719: Unha escuadra inglesa toma Vigo.
1770: Unha expedición, ao mando de Felipe González Ahedo, toma posesión da illa de Pascua no nome de España.
1789: Por "motivos humanitarios", o médico francés Joseph Ignace Guillotin propón unha nova máquina de execución: a guillotina.
1813: Nace Giuseppe Verdi, compositor italiano.
1830: Nace Isabel II, raíña de España.
Nova do 10 de outubro de 1914
1837: Morre Charles Fourier, socialista utópico francés.
1839: Nace Francisco Giner de los Ríos, fundador da Institución Libre de Ensino.
1843: A raíña Isabel II pon a primeira pedra do edificio do actual Congreso dos Deputados de Madrid.
1846: Voda de Isabel II de España co seu curmán o infante Francisco de Asís.
1854: Nace na Coruña o escritor Francisco Tettamancy.
1898: A firma do tratado de París pon fin á guerra entre España e EUA por mor da illa de Cuba.
1921: O exército español reconquista o monte Gurugú, fronte a Melilla.
1933: A Sociedade de Nacións crea un Alto Comisariado para os refuxiados, co fin de socorrer os alemáns que teñen que fuxir do seu país.
1941: Estréase a película Fantasía de Walt Disney.
~ ~ ~ ~ ~
Non hai na terra, conforme ao meu parecer, contento que se iguale a alcanzar a liberdade perdida.
Cervantes. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario