martes, 10 de xullo de 2018

10 de xullo

Polo san Cristovo, xa o millo lle tapa a ala ó corvo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
138: Morre Publio Elio Adriano, emperador romano.
1372: Xoán Fernández de Andeiro logra un trato con Inglaterra polo que John of Gaunt reclama o trono do reino de Galicia e de toda a Coroa de Castela.
1856: Nace Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor serbio.
1890: Nace Ramón Vilar Ponte, escritor galego.
1943: os aliados desembarcan en Sicilia (Operación Husky) na Segunda Guerra Mundial.
1985: o navío Rainbow Warrior de Greenpeace é afundido no porto de Auckland, Nova Celandia, polos servizos secretos franceses.
~ ~ ~ ~ ~
Todo o que participa nunha discusión defende dúas cousas: unha idea e a sí mesmo.
Paul Valéry
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de 1914

Ningún comentario:

Publicar un comentario