venres, 13 de abril de 2018

13 de abril

No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1519: Nace Catarina de Médicis, dona de Henrique II de Francia e raíña de Francia.
1743: Nace Thomas Jefferson, presidente dos Estados Unidos.
1815: Sinforiano López (que daba nome a rúa da segunda sede oficial de Palaestra) é executado. Fora un dos que iniciaron a revolta contra a invasión francesa na Coruña e caeu en desgraza ante o parvo rei Fernando VII.
1840: Nace Xoán Montes, compositor galego.
1906: Nace Samuel Beckett, escritor irlandés, Premio Nobel de Literatura.
1992: Comeza a emitirse Shin Chan en galego na TVG.
~ ~ ~ ~ ~
A televisión é o único somnífero que se toma polos ollos.
Vittorio de Sica
~ ~ ~ ~ ~
Noticia do 13 de abril de 1914

Ningún comentario:

Publicar un comentario