mércores, 11 de abril de 2018

11 de abril

En abril, espárragos para min; en maio, para o meu amo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1521: Creación da Capitanía Xeral de Galicia, por mediación de Alonso III de Fonseca.
1595: Sae do porto de El Callao o navegante galego Álvaro Mendaña. A súa expedición, que merecería ser mais coñecida, levaba a bordo ao mariño coruñes Hernando Gallego como primeiro piloto e a Isabel Barreto, muller do primeiro e que tomaría o mando á morte do seu home.
1899: España cede Puerto Rico ós Estados Unidos despois da derrota na guerra Hispano-Americana.
1914: Primera referencia na prensa galega a unha actividade de béisbol, foi no Campo da Estrada na Coruña.
2014: A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra empeza a difusión dun pequeno libro de béisbol para dar a coñecer o centenario do béisbol galego. O libro forma parte da Colección de Libros de Peto da Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia.
~ ~ ~ ~ ~
Ningunha situación e tan grave que non sexa susceptible de empiorar.
Nova do 11 de abril de 1914
Federico II de Prusia
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario