venres, 9 de febreiro de 2018

9 de febreiro

Febreiriño camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1449: Morre o bispo de Santiago, o galego Alvaro de Isorna, que bautizó ao rei Enrique IV.
1863: Un comité reunido en Xenebra acorda crear a Cruz Vermella.
1881: Morre Fiódor Dostoievski, novelista ruso.
1895: William G. Morgan inventa o Voleibol en Massachusetts (Estados Unidos).
1910: Forma un novo goberno en España o ferrolán José Canalejas.
1946: A Asemblea Xeral da ONU condena o Franquismo e prohíbe o ingreso de España na organización.
1961: Primeiro concerto de The Beatles en The cavern (Liverpool)
1978: Carmen Conde convértese na primeira muller en formar parte da Real Academia Española.
1984: Morre Yuri Andropov, dirixente da Unión Soviética
1990: Comezan as obras para derrubar o Muro de Berlín.
2005: Morre Javier Tussell, historiador español
Noticia do 9 de febreiro de 1914
2007: Morre Alexandre Campos Ramírez, coñecido como Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín
~ ~ ~ ~ ~
Só merece chamarse home o que sabe e pode e quere axudar ao home. 
Jaime Torres Bodet 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario