xoves, 8 de febreiro de 2018

8 de febreiro

En febreiro busca a sombra o cadelo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1587: Morre María Estuardo, raiña de Escocia.
1725: Morre Pedro o Grande, Tsar de Rusia.
1828: Nace Jules Verne, novelista francés. Nace Antonio Cánovas del Castillo, político español.
1835: Nace Eduardo Pondal, poeta galego.
1909: Arde o teatro Rosalía de Castro en Vigo no predio, onde se sitúan agora o Centro Cultural Caixanova e o Teatro García Barbón.
1911: Morre Joaquín Costa, político español.
1918: Nace Enrique Tierno Galván, político español.
1944: Nace Sebastião Salgado, fotógrafo brasileiro.
1950: Fúndase a Stasi, abreviatura de Ministerium für Staatssicherheit, servizo de intelixencia da República Democrática de Alemaña
1963: O presidente de EUA John F. Kennedy prohibe que ningún país teña relacións comerciais con Cuba.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 8 de febreiro de 1914
Un mundo mellor non se logra desde a dereita, nin desde a esquerda, senón desde o interior. 
Fraber 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario