martes, 13 de febreiro de 2018

13 de febreiro

Neve febreiriña, pica á galiña.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1073: O rei de Galicia D. García é traizoado e retido polo seu irmán Sancho e así seguirá ata a súa morte.
1542: Os conquistadores españois Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana descobren o río Amazonas.
1668: Asínase o Tratado de Lisboa, mediante o que España recoñece a independencia de Portugal.
1837: Morre Mariano José de Larra, escritor español.
1880: Afonso XII, Rei de España, asina a Lei de abolición da escravitude.
1883: Morre Richard Wagner, compositor alemán.
1934: Fusión de Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista nunha soa agrupación patriótica nacional-sindicalista: FE de las JONS.
1936: Estrea en Londres da película "Tempos Modernos", de Charles Chaplin.
1958: Morre Luís Pimentel, poeta galego.
1960: Francia explota a súa primeira bomba atómica no deserto de Alxeria.
1974: Nace Robbie Williams, cantante inglés.
1984: Konstantín Chernenko elixido novo secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética.
~ ~ ~ ~ ~
Un profesor traballa para a eternidade: ninguén pode dicir onde acaba a súa influencia. 
Noticia do 13 de febreiro de 1914
Henry Brooks Adams 
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario:

Publicar un comentario