domingo, 11 de febreiro de 2018

11 de febreiro

Febreiro, inda que corto, é o pior de todos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1596: Chega a Manila a expedicionaria galega Isabel Barreto.
1863: Nace Manuel Lugrís Freire, escritor e galeguista.
1873: Proclámase a Primeira República Española
1885: Nace Wenceslao Fernández Flórez, xornalista e escritor galego.
1926: Chega a Buenos Aires o hidroavión Plus Ultra, na xesta de cruzar o Atlántico foi mandado polo galego Ramón Franco (irmán de Francisco)
1979: Revolución islámica no Irán e o Aiatolá Khomeini chega ao poder
1990: Nelson Mandela é libertado da prisión en Sudáfrica
2012: Morre Whitney Houston, cantante e actriz estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Ser home é ser libre. O sentido da historia é que nos convertamos realmente en homes. 
Jaspers 
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio 11 febreiro de 1914

Ningún comentario:

Publicar un comentario