sábado, 10 de febreiro de 2018

10 de febreiro

Febreiro, cabriteiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1425: Juan II otorga aos portos da Coruña e Baiona privilexios de carga e descarga.
1755: Morre Charles de Montesquieu, político e filósofo francés.
1762: Para estar mellor defendida decídese o traslado da fábrica de lonas de Sada a Ferrol.
1810: En Ferrol prodúcese o primeiro levantamento das clases obreiras galegas capitaneadas por Antonia Alarcón.
1837: Morre Alexander Pushkin, escritor ruso.
1842: Constrúese en Ferrol o primeiro barco de vapor da Península Ibérica.
1873: Amadeo de Savoia renuncia ao trono de España.
1890: Naufraga o buque inglés The Serpent á vista do cabo Vilán, salvándose únicamente 3 mariñeiros. O resto foi soterrado polos veciños de Xaviña no campo chamado desde aquela "Cemiterio dos Ingleses".
1900: Empezan as obras hidroeléctricas na Fervenza, no rio Belelle.
1930: O xeneral Miguel Primo de Rivera abandona España.
Anuncio do 10 de febreiro de 1914
1985: Nace José Manuel Andión, ex-presidente de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE).
~ ~ ~ ~ ~
Tanto hai exceso en excluír a razón, como en non admitir máis que a razón.
Pascal
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario