martes, 9 de xaneiro de 2018

9 de xaneiro

Seco xaneiro, abundancia no graneiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1121: O bispo Xelmirez reune ao primeiro Concilio dende o traslado da metrópolis dende Mérida.
1232: Fernando III lembra aos lugueses que deben poñerse eles e as súas facendas ao dispor do bispo e do Cabildo.
1768: O inglés Philip Astley presenta en Londres o primeiro circo moderno, con acróbatas, pallasos e animais.
1799 (outras fontes 1797): Nace en Ferrol Juan Flórez, alcalde da Coruña.
Anuncio do 9 de xaneiro de 1914
1809: As tropas francesas entran en Lugo. O mariscal Ney retira da catedral 3775 onzas de prata en xoias (algo mais de 100 quilos).
1863: Inaugúrase o metro de Londres, primeiro tren subterráneo do mundo, con sete quilómetros de percorrido.
1902: Nace José María Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei.
1908: Nace Simone de Beauvoir, filósofa, feminista e escritora.
1923: Juan de la Cierva proba o autoxiro, primeiro prototipo dun helicóptero. Neste mesmo día falece Katherine Mansfield, escritora neozelandesa.
1941: Nace Joan Baez, cantante norteamericana de folk
1950: Soterramento de Castelao no cemiterio da Chacarita, Buenos Aires.
1951: Inaugúrase en New York a sede da Organización das Nacións Unidas.
1959: Nace Rigoberta Menchú, na Guatemala, defensora dos dereitos humanos, Premio Nobel da Paz de 1992
~ ~ ~ ~ ~
Se queres saber o valor do diñeiro, trata de conseguilo prestado. 
Benjamín Franklin 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario