domingo, 7 de xaneiro de 2018

7 de xaneiro

En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
~ ~ ~ ~ ~
Festa de Natal segundo o calendario litúrxico ortodoxo e copto.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1325: Morre Don Dionis, rei de Portugal. e Alfonso IV convértese en rei.
1355: Morre Inés de Castro, nobre galega.
1768: Nace José I de España, Pepe Botella, rei de España e de Nápoles.
1809: Na Coruña ao non ter noticias do exército do Marqués de la Romana, renovan o voto á Virxe do Rosario.
1822: Liberia é colonizada por negros estadounidenses.
1904: establécese o sinal de auxilio CQD (que dous anos despois substituirase polo SOS).
1910: en Viena comeza o campionato mundial de xadrez, entre Emanuel Lasker (campión) e Carl Schlechter (desafiante).
1913: Nace Francisco Fernández del Riego, escritor e político español.
1914: A canle de Panamá é cruzada por primeira vez en barco, aínda que a inauguración oficial retrasouse ata o 15 de agosto.
1927: o grupo de baloncesto Harlem Globetrotters xogan o seu primeiro partido.
1929: Aparece Tarzán, unha das primeiras historietas de aventuras.
1948: Morre María de Maeztu, pedagoga española.
1950: Morre Castelao, no exilio de Bos Aires.
1964: Nace Nicolas Cage, actor e produtor estadounidense.
1974: Nace Julen Guerreiro, futbolista español.
1985: Nace Lewis Hamilton, piloto de Fórmula 1 británico.
Noticia do 7 de xaneiro de 2014
1989: Morre Hirohito, emperador xaponés.
2009: Morre Pascal Terry, piloto de motociclismo francés.
~ ~ ~ ~ ~
Se queres ser o máis parvo, aparenta ser o máis listo.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario