sábado, 6 de xaneiro de 2018

6 de xaneiro

Non hai amor coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
~ ~ ~ ~ ~
Día de Reis
Agardamos que os Reis fosen bos con todos.
~ ~ ~ ~ ~
Os tres camelos dos Reises, 
ao chegaren á Galicia
ao non veren deserto, 
morreron os tres da risa
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1412: Nace Juana de Arco, heroína francesa, santa católica.
1619: Na Patagonia mariños galegos nomean a una illa como Los Reyes.
1782: a cidade de Mahón (Menorca), en poder dos ingleses, capitula tras sete meses de asedio por tropas hispanofrancesas.
1847: Xunta na que se acorda crear a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.
1854: Nace Sherlock Holmes, personaxe de ficción.
1875: Alfonso XII sae de París con rumbo a Madrid para ocupar o trono de España.
1883: Nace Khalil Gibrán, artista e pensador libanés.
1900: Fundan o Centro Galego de Río de Janeiro.
1901: Filipinas rexeita a «tutela» estadounidense (Guerra Filipino-Estadounidense).
1912: Nace Celso Emilio Ferreiro, poeta galego.
1914: en EE. UU. Henry Ford reduce a hora e media o tempo de montaxe do automóbil modelo T e instaura a xornada de 8 horas nas súas fábricas.
1936: Nace Antonio López, pintor español
1977: Nace Quequé, humorista español.
Anuncio do 6 de xaneiro de 1914
~ ~ ~ ~ ~
Canto mais grande é o caos, mais cerca está a solución.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario