martes, 30 de xaneiro de 2018

30 de xaneiro

Xaneiro frío ou templado, pásao arroupado.
~ ~ ~ ~ ~
Día Escolar da Paz e da Non Violencia (en lembranza do asasinato de Gandhi)
~ ~ ~ ~ ~
Celébrase o nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886, intelectual comprometido co país, figura polifacética como narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser considerado como a figura máis importante da cultura galega do século XX.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1160: Raimundo Berenguer (logo Alfonso II de Aragón) casa en Tui con Mafalda, dilla de Alfonso Enriquez.
1788: Suprímese a colexiata de Caabeiro.
1886: Nace Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pai do nacionalismo galego.
1927: Nace Olof Palme, primeiro ministro de Suecia.
1930: O ditador Primo de Rivera presenta a súa dimisión ao rei Afonso XIII de España.
1948: Morre Mahatma Gandhi, político e líder espiritual hindú.
1999: Morre Uxío Novoneyra, escritor galego.
Noticia do 30 de xaneiro de 1914
~ ~ ~ ~ ~
Toda a dignidade do home está no pensamento. 
Pascal  
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario