xoves, 11 de xaneiro de 2018

11 de xaneiro

En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime ... e amoleime.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
630: O fundador do Islam, Mahoma, destrúe os ídolos do santuario de Kaaba na Meca.
1610: Galileo Galilei descobre Ganímedes, satélite de Xúpiter.
1533: A Xunta de Goberno do Reino de Galiza acorda engadir as provincias da Coruña e Tui ás cinco xa recoñecidas.
1560: Morre en Santiago a abadesa do convento de Santa Clara, Sor Isabel de Granada, filla do rei Boabdil.
1809: Chega á Coruña o exército de Moore.
1859: Nace Alfredo Brañas, pai do rexionalismo galego.
1922: Primeira utilización da insulina en humanos para o tratamento da diabetes. O paciente é un canadense de 14 anos.
1941: Morre Emanuel Lasker, xadrecista alemán.
1963: A primeira discoteca do mundo foi inaugurada nos Estados Unidos. O seu nome era The Whisky-a-gogo.
1993: A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade a Ruta Xacobea.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio sobre concertos do 11 de xaneiro de 1914
Teña o que teña, gaste menos. 
Samuel Johnson 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario