xoves, 9 de novembro de 2017

9 de novembro

Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.
~ ~ ~ ~ ~
Día do Inventor.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1799: Napoleón Bonaparte lidera o Golpe de Estado do 18 de Brumario, destituíndo o goberno revolucionario francés.
1818: Nace Ivan Turgeniev, escritor ruso.
1837: Nace Antonio López Ferreiro, sacerdote, historiador e escritor bilingüe galego.
1889: Morre en París o benfeitor vigués Policarpo Sanz.
1912: Morre en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro, médico e escritor galego.
1922: Conceden o Nobel de Literatura a Jacinto Benavente.
1934: Nace Carl Edward Sagan, astrofísico e matemático estadounidense.
1938: En Alemaña, os nazis deteñen máis de 35.000 xudeus e destrúen as súas propiedades na chamada Noite dos cristais rotos.
1940: O Mestre Rodrigo estra o xenial Concerto de Aranjuez.
1959: Morre Ramón Cabanillas, escritor galego.
1989: Cae o Muro de Berlín.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio 9 de novembro de 1914
Propio é de todo home imbécil facerse o astuto. 
Georges Courteline.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario