mércores, 15 de novembro de 2017

15 de novembro

En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo gallo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
~ ~ ~ ~ ~
Santo Alberte o Magno
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1533: Francisco Pizarro chega a Cuzco, Perú.
1630: Morre Johannes Kepler, astrónomo e matemático alemán.
1891: Nace Erwin Rommel, militar alemán.
1914: O Real Club Coruña e o Deportivo Auténtico xogan un partido que supón unha profunda fenda no deportivismo coruñés ao dividirse a xente entre quen apoia a directiva que mantiña un veto contra o Coruña e os que apoian aos xogadores que forman o equipo Auténtico.
2013: O CIDU organiza o Maratón de Xadrez-Copa Galicia.
2015: O CIDU organiza a Liga e Torneo de Outono.
~ ~ ~ ~ ~
As nosas ilusións non teñen límites; probamos mil veces a amargura do cáliz e, con todo, volvemos arrimar os nosos beizos ao seu bordo. 
Chateaubriand.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario