sábado, 11 de novembro de 2017

11 de novembro


Día de san Martiño, proba o teu viño.
~ ~ ~ ~ ~
San Martiño de Tours, patrono de Ourense; festividade que a tradición marca para a matanza do porco e o Magosto.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1473: Nace Frei Bartolomé de las Casas.
1500: Tratado de Granada entre Fernando o Católico e Luís XII de Francia: reparto de Italia.
1702: Derrota da escuadra española en Vigo.
1748: Nace Carlos IV, rei de España.
1808: Morre en combate o xeneral vigués Joaquín Miranda Aldao.
Titular do 11 de novembro de 1914
1821: Nace Fiódor Dostoievski, escritor ruso.
1889: O estado de Washington únese ós Estados Unidos como o 42º estado.
1903: Nace Theodor Adorno, filósofo e musicólogo alemán.
1912: Morre asasinado José Canalejas Méndez, político ferrolán, xefe do Goberno de España.
1918: Alemaña réndese aos aliados. A Primeira Guerra Mundial causou 8 millóns de mortes.
1936: Nace Alberto Vázquez-Figueroa, novelista español.
2004: Morre Yaser Arafat, líder da Autoridade Nacional Palestina.
~ ~ ~ ~ ~
Toda a natureza é como unha arte descoñecido do home. 
Pope.
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario:

Publicar un comentario