mércores, 17 de maio de 2017

17 de maio

Tras de maio vén San Xoán.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial das Telecomunicacións e de Internet.
Día Nacional de Noruega.
Día das Letras Galegas. Un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1510: Morre Sandro Botticelli, pintor italiano
1727: Morre Catarina I de Rusia, tsarina da Rusia Imperial.
1814: A Asemblea Constitucional celebrada en Eidsvoll asina a Constitución de Noruega.
1833: Nace en Oseiro Manuel Murguía, historiador, marido de Rosalía de Castro e primeiro presidente da Real Academia Galega.
1863: Sae do prelo o libro Cantares Galegos, de Rosalía de Castro
1885: Nace Afonso XIII, fillo póstumo de Afonso XII, rei de España.
1963: Primeiro Día das Letras Galegas.
Anuncio do 17 de maio de 1914
~ ~ ~ ~ ~
A felicidade e o arco da vella nunca se ve enriba da casa propia, se non sobre a allea.
Proverbio alemán.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario