luns, 26 de outubro de 2020

26 de outubro

Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1419: Un grupo de ourensáns bota ao río Miño ao seu bispo Francisco.
1806: Napoleón entra triunfante en Berlín.
1905: Suecia recoñece a independencia de Noruega.
~ ~ ~ ~ ~
Vexo os perigos da vida presente; perigo no mar, perigo na terra e perigo nos falsos irmáns. 
San Pablo. 
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 26 de outubro de 1914

domingo, 25 de outubro de 2020

25 de outubro

Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1854: Nace en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro, médico e poeta galego.
1865: Nace en Tui Manuel Lago González, eclesiástico e escritor galego.
1881: Nace Pablo Ruíz Picasso, pintor.
1917: Comeza a Revolución Rusa, o chamado "outubro vermello".
1971: O escano da China nacionalista nas Nacións Unidas pasa a ser ocupado pola República Popular de China.
1977: Asínase en Madrid o Pacto da Moncloa, co obxectivo de estabiliza-lo proceso de transición.
Ilustración do 25 de outubro
~ ~ ~ ~ ~
Incerto é o lugar onde a morte che espera; espérea, pois, en todo lugar. 
Seneca. 
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 24 de outubro de 2020

24 de outubro

Polo san Lucas mata o teu porco e barre as túas cubas. 
~ ~ ~ ~ ~
Día das Nacións Unidas - Día das Bibliotecas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
51: Nace Domiciano, emperador romano.
1866: Morre Domingo Fontán, xeógrafo galego.
1906: Santiago Ramón y Cajal recibe o Premio Nobel de Medicina
1929: Xoves negro da Bolsa dos EUA
Nova do 24 de outubro de 1914
1945: Creación da ONU (Organización das Nacións Unidas)
~ ~ ~ ~ ~
Na soidade áchase o que moitas veces pérdese na conversa.
O. Sabuco. 
~ ~ ~ ~ ~

venres, 23 de outubro de 2020

23 de outubro

Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1086: Alfonso VI é derrotado polos Almorávides.
1923: Fundación do Seminario de Estudos Galegos, en Santiago de Compostela.
1940: Prodúcese en Hendaia un encontro entre Francisco Franco e Adolf Hitler.
1942: Nace Michael Crichton, escritor norteamericano.
1956: Revolución húngara: insurrección en Hungría contra o goberno comunista.
1961: Nace Andoni Zubizarreta, xogador de fútbol español
1977: Chega a Cataluña o seu presidente Josep Tarradellas, até entón no exilio.
Nova do 23 de outubro de 1914
~ ~ ~ ~ ~
Todos os que parecen estúpidos, o son e, ademais tamén o son a metade dos que non o parecen. 
Francisco de Quevedo
~ ~ ~ ~ ~

xoves, 22 de outubro de 2020

22 de outubro

O que deixa a Coaresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
2136 aC: Prodúcese na China a primeira eclipse solar que foi rexistrada.
794: O emperador xaponés Kanmu traslada a capital para Heiankyo (hoxe Kyoto).
1563: Filipe II ordea a Real Audiencia de Galicia pase a ter sé na Coruña.
1816: Nace Miguel Colmeiro Penido, botánico galego.
1908: Nace Benigno Andrade García, guerrilleiro galego.
Novas do 22 de outubro de 1914
1913: Nace Ernö o Ernest Andrei Friedman, fotógrafo húngaro (Robert Capa).
1962: Kennedy ordena á marina de guerra o bloqueo de Cuba ata que a URSS retire os mísiles.
1964: Nace Dražen Petrović, xogador de baloncesto croata.
~ ~ ~ ~ ~
Somos o infinitamente pequeno e o infinitamente grande, e somos tamén a senda entre ambos. 
Khalil Gibran. 
~ ~ ~ ~ ~

mércores, 21 de outubro de 2020

21 de outubro

Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1104: O arcebispo Xelmirez visita en Roma ao Papa.
1728: Nace o conde de Floridablanca.
1805: Derrota da armada franco-española en Trafalgar. Morre Horatio Nelson, almirante británico.
1879: Thomas Edison proba a primeira lámpada eléctrica que funciona eficazmente (dura acesa 13 horas e media antes de queimarse).
1969: Morre Jack Kerouac, novelista e poeta estadounidense.
2001: Eleccións ao Parlamento galego (VI Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtivo a maioría absoluta.
2015: Marty McFly chega dende os anos 80 en "Regreso ao Futuro II".
~ ~ ~ ~ ~
Novas do 21 de outubro de 1914
A civilización non suprimiu a barbarie; perfeccionouna e fixoa máis cruel e bárbara.
Voltaire. 
~ ~ ~ ~ ~

martes, 20 de outubro de 2020

20 de outubro

Polo san Lucas saben ben as uvas. 
~ ~ ~ ~ ~
Na mitoloxía gaulesa é o Día da Dama do Lago, que tería dado a espada Excalibur ao Rei Arthur.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1351: Pedro I confirma os privilexios do mosteiro de Monfero.
1828: Morre o canónigo da catedral de Tui, Francisco Piñeira, natural de Xinzo, que foi importante guerrilleiro na ocupación francesa.
Titular do 20 de outubro de 1914
1883: Concesión do Lazareto de Oza.
1929: Estrea do pasodoble Ponteareas.
2011: Morre Muammar al-Gaddafi, xefe de Estado de Libia.
~ ~ ~ ~ ~
Hai que pensar como home de acción e actuar como home pensador. 
Henri Bergson. 
~ ~ ~ ~ ~